domingo, 22 de agosto de 2010

A Lúa

A semana que comeza mañá, trae con ela a lúa chea. É perfecto comtemplar no ceo punteado de estreliñas, esa grande perla prateada, que semella a raíña do universo. Mesmo desde o meu balcón, situado nun barrio calquera dunha cidade calquera, podo apreciar o fermoso espectáculo de vela emerxer desde o seu escondite ,aló por detrás dos montes.
A que escribe, considérase unha persoa lunática. Ou non é exactamente así. Non se trata de que me catalogue eu como tal, senón que o fixo outra persoa máis versada no tema ca mín. Porque ser lunático, non é estar un pouco tolo, senón que se trata de estar íntimamente vencellado a lúa. Isto é que se a influencia deste astro sobre as mareas, os partos , etc. está probado, algunhas persoas, aumentamos ou diminuímos o noso estado anímico baixo o influxo do satélite. O mesmo poder que exerce sobre o mar, practicao sobre nós, que somos un 75% de auga.
A conclusión é que cando a lúa está ben redondiña, se o meu estado de ánimo é de ledicia(cousa na que me esforzo dabondo), podo chegar a rozar a euforia. Mais, se pola contra me sinto baixa de moral, o meu ánimo decae ata límites pouco coñecidos na miña persoa.
Asegúrovos que eu non cría nesta teoría, pero, feitas as comprobacions pertinentes, cheguei a conclusión de que eu tamén son unha lunática... no mellor sentido da palabra.

No hay comentarios:

Publicar un comentario