Cumplir un desexo, é acadar aquilo que parecía lonxe pero no fondo estaba pretiño. É como espertar, e facer realidade o soño pracenteiro que nos concedeu unha fermosa noite. Aprender a letra da nosa canción favorita sen darnos conta. Falar unha lingua da que nunca tivemos aprendizaxe previo. Facer un colar coas estrelas máis escintilantes e amplas do ceo. Mecerse na Lúa cando está decrecendo. Facer un zume doce co limón máis agre. Apagar o sol un intre cando vai moita calor, e darlle máis forza á luz da Lúa nunha noite nixérrima.
Cumplir un desexo é coma se un baixase da Terra, mentras outros arranxan as cousas que nos fan tremer... de frío, de medo, de fame, de dor... Cando voltamos subir, seguimos sendo nós, pero xa non trememos.
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario