Neste mundo ao revés, ás veces xiramos coa cabeza e outras cos pés.
Comezamos a contar por dez, e, se non chegamos, dez outra vez.
Sorrimos para non chorar, e choramos para celebrar.
Apoiamos aos que non toleramos, e despreciamos aos que amamos.
Enchémonos coa propia grandeza, e baleiramos as vítimas da pobreza.
Afirmamos cando deberíamos negar, e decimos "non" para confirmar.
Amolamos cando deberíamos escoitar, pero escoitamos cando xa non hai que falar.
Pedimos moito aos que teñen pouco, e damos pouco aos que non teñen nada.
Sempre estamos prestos a rirnos doutro, mais poucas veces ofrecemos un sorriso de ouro.
Deses que esmorecen o pensamento máis miserable, deses que enaltecen o sentimento máis amable.
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario