É común ouvir aquela frase de: "A mín a política non me interesa nada". Ou esta outra: "Os políticos son todos iguais".
De calquera xeito, é imposible moverse nun territorio sen ser "vítima" da organización política. Nacemos con ela, pois a sanidade que cobre un parto está dirixida aténdose as normas do partido de turno. Edúcannos cos preceptos marcados polo plan de estudos diseñado polo grupo que dirixe o país nese intre. Traballamos(ou non) nas condicións pactadas entre os políticos e os empresarios do momento. Envellecemos cobrando pensións, esperando que os gobernantes eleven un pouquiño esas cantidades, irrisorias, nalgúns casos. E morremos sen saber cara a onde nos diriximos, tal e como vivimos...¡ Para que non nos importe a política!
Hai días que nos lembramos máis dos que mandan ca outros. E, ultimamente, témolos presentes cada segundo das nosas vidas. Todo pola "economía". A palabriña que move tertulias, clases de instituto, conversacións a pé de rúa, etc. Xa non digamos se lle engadimos o termo "recortes"... A polémica está servida.
A ninguén lle gusta oír falar de rebaixa cando o tema son os seus cartos. O seu soldo. Pero, seguro que lembramos algunha persoa en concreto que traballa no sector privado, á que lle foi comunicada a rebaixa do soldo a cambio de seguir mantendo o posto de traballo, polo menos seis meses máis.
Os políticos ás veces, prodíganse dando "axudas" sen pór teito. Para algúns cidadáns convertéronse en regalos puntuais. Está claro que os programas de apoio social teñen que existir, hai que ter ben identificado o receptor, para que non se convirtan en "obsequios".
Os outros políticos que acusaban de derrochadores aos seus contrarios, agora tampouco aceptan a nova proposta.
Así que, os cidadáns debemos aplicar o senso para arranxar os bretes daqueles que temos preto ou os propios. Unha boa maneira é comprar solidaridade, descargar un pouco o saco da ambición e utilizalos con sentido común.
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario