jueves, 1 de julio de 2010

Cousiñas da saúde...

Cando un médico recomenda a un enfermo cambiar de aires, é que non sabe que facer con él. Porque, según Diderot, os médicos traballan para conservarnos a saúde e os cociñeiros para destruíla, pero estes últimos están máis seguros da súa labor( eu adoro os cociñeiros). Parece ser que un 30% dos alimentos que consumimos mantennos vivos, o outro 70% serve para manter vivos os médicos. Albert LLanas escribiu que a saúde do noso corpo gastámola o por maior, mais, unha vez perdida, comprámola o por menor.
Importante tema o da saúde, pois xa dicía Confucio que hai catro cousas que é necesario extinguir desde o principio: as deudas, o lume, o inimigo e a enfermidade. Así que eu quédome coas recomendacions de Jonathan Swift, que di que os mellores médicos do mundo son: o doutor dieta, o doutor repouso e o doutor alegría. Tal vez, seguindo esta terapia, evitaremos sumerxirnos na lectura de libros sobre a saúde, correndo o risco de morrer por un erro de imprenta.
Apuntémonos o clube do sorriso. Porque un sorriso non costa nada e significa moito.

No hay comentarios:

Publicar un comentario