miércoles, 21 de julio de 2010

O botellón

Hai un proverbio xaponés que di: "Coa primeira copa, o home bebe viño; coa segunda o viño bebe o viño; coa terceira o viño bebe ao home".
Tal vez a xuventude de hoxe debería ter en conta que non é malo beber para celebrar un momento de felicidade, porque a razón alertarános para non desconectar desa felicidade por mor do alcohol. Pero se o facemos cando somos desgraciados, a razón deixará paso a busca da falsa ledicia que nos proxectará unha interpretación enganada da realidade.
Eu estou segura de que a maioría desa xente que enche os espazos onde se desenvolve o botellón, non bebe para celebrar, senón para ocultar. Polo tanto, este é un claro exemplo da necesidade de reorganizar o espazo humano onde se desenvolve a vida na terra.
Porque na vida temos a opción de correr coa masa ou fuxir dela.
O mellor, é darlle un sentido, porque a miúdo carece del.

No hay comentarios:

Publicar un comentario