miércoles, 30 de junio de 2010

E debuxarei o meu destino

Hai unha soa razón pola que demorei tanto en escribir... o zafarrancho que estiven facendo na miña vida. Mais agora, todo está diáfano. Ainda non albisco o destino porque nunca tiven a ocasión de observalo, pero sei que podo comezar a debuxalo. Xa conseguín enfrontarme a ese lenzo branco que me aterraba.
Desde aquí, quero agradecer a todas aquelas persoas que me axudaron a enfundarme no mandil, coller o pincel e... deseñar o esbozo. Gracias polos vosos ánimos e agarimos. Xa sabedes quen sodes cada un e cada unha. Mais, non quero deixar de nomear as miñas fillas. Elas acompañáronme durante o tortuoso traxecto coa forza do amor. Gracias de novo a todos os que estivestes e estades ahí. Para cada un e cada unha, o bico máis fermoso que debuxa un sorriso perpétuo.
Xa non vou chorar porque as rosas teñan espiñas, senón que estarei leda porque as espiñas teñan rosas.

No hay comentarios:

Publicar un comentario