domingo, 4 de abril de 2010

O tempo

O capitán imperturbable que dirixe a tropa do tempo, ten decisións pouco afortunadas as máis das veces. É inxusto cando o seu exército de minutos, horas, ou días agariman a persoa que disfruta deses momentos, e el acorda rematar a misión sen máis, para que outros dos seus soldados traïan instantes de dor, soidade ou angustia á mesma xente que ata entón vivía felíz. Iso non é o peor, o máis malo de todo, é que o segundo reemplazo, vai máis debagar e a situación tórnase eterna.
Todos nós tivemos que ser vítimas ou premiados por este ou aquel, pero, tamén somos verdugos. Só un destes, inventaría unha máquina para medir o paso do tempo. E, o tal aparato parece non medir a realidade dos acontecementos de maneira algunha. Se nos atopamos a gusto, parece que o seu ritmo voase, pero se pasamos malas tempadas, fíxanos cada minuto coma se se tratase dun ferro candente. Cousas que tan só os humanos podemos facer e que atentan contra nós mesmos.
A conclusión ven sendo que se atopas un atallo cara a liberdade, a ledicia, a... felicidade, tómao correndo. Pero se te perdeches e che tocou transitar polo camiño máis longo... non mires o reloxo!

No hay comentarios:

Publicar un comentario