Tiven unha fin de semana ben interesante. Unha compra perfecta a un prezo perfecto, visita a unha exposición, obra de teatro, e... entrada nunha librería desas de segunda man, as que de verdade manteñen a esencia da lectura, as que cheiran a libro sobado, adulto, descatalogado... das que por decoración teñen estantes vellos,tintados con letras escritas en calquera lingua do mundo. Lectura para todos, para calquera sexa quen sexa o potencial lector.
Revisando na zona de lectura infantil, atopei unha preciosidade pequeniña. Un libriño cuxo título é "El libro de la Felicidad". Parece unha parvada, pero sentín que aquel contiño que só costaba un euro, estaba alí, pousado de maneira pouco formal sobre os outros, para que eu dese con el e o transportase cara a un novo destino que tiña a meta na miña casa.
Tal vez porque estou na aventura de atopar, non a fecilidade total, senón a escada inferior, coa que xa me conformo apreteino entre as mans e decidín pedir o desexo como alí ben indica. Non pasa nada se non se cumple, pero se algo cambiase, eu tería atopado o meu talismán.
Aínda que o verdadeiro amuleto, estea dentro de mín, e aínda non chegase a ese estante onde está pousado.
Como dí o poema de Invictus: "Soy el capitán de mi alma, el dueño de mi destino"
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario