miércoles, 3 de marzo de 2010
Descoñezo
Descoñezo se neste momento podo contar cousas coherentes. Pero,como son as cousas coherentes? Parece que son aquelas que contentan a todas as persoas, pero entón, so me poderei comunicar con aquela xente que desexe recibir información dese tipo... Que cousas! No día de hoxe pareceume observar unhas cantas incoherencias, por exemplo,a un grupo divagar sobre algún individuo adxudicándolle o adxectivo de "tocahuevos", mentras se defendía terriblemente a outros que, ata fai pouco eran causa de innumerables problemas. Pero, agora, acadan o nivel de corrección total. Escoitei a un membro dunha asociación de nome galego acusar a alguen de irrumpir con excesivos galleguismos nun lugar determinado. Observei a unha fruteira venderlle unha froita case inservible a unha clienta de toda a vida sen deixar de loar a mercancía. Tamén me sorprendín eu mesma montando un negocio imaxinario, cunha empregada que nin sequera sei se me convencería de darse o caso. Claro que cada vez que me autoanalizo, penso que non nacín no lugar adecuado a miña maneira de pensar, que non tiven uns pais que soubesen incentivarme, que errei o camiño, o primeiro traballo, o traballo actual, algunha xente coa que tomo o café... so algunha. Pero que a vida merece a pena, é non hai que resignarse ante ela, senon vivila...
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario