sábado, 6 de marzo de 2010

Desprezo

Algunha desas cancións románticas incluía a palabra indiferenza, definindo o termo como a peor das maneiras de castigar ao próximo. Outros compárana co desprezo. Eu penso que non. Non teñen nada en común. Coa indiferenza, un só deixa de manifestarse cara o outro, en todas as circunstancias posibles. Pero, o desprezo, é outra cousa. A través del pódese insultar, menosprezar, etc. Por exemplo, seguro que cando te refires aos galegos, acompañando o xentilicio coa palabra "peyorativo", non expresas síntomas de indifernza, pero sí que irradias desprezo. Porque o feito de nomearnos nunha conversa e facer unha comparación tan casual é de todo inapropiado. Mais, o peor, é cando a persoa en concreto segue subida no balancín da arrogancia para continuar apabullando a aqueles que se deron conta dese suceso de mal gusto. Eu síntome maltratada como nativa do país galego. Eu síntome disgustada pola falla de sensibilidade dunha muller determinada. Eu síntome triste como ciudadana española por ter que sufrir alguns membros da clase política. Eu son galega, síntome galega antes ca outra cousa. Sempre sei se subo ou baixo. Cando calo é porque convén facelo. Cando berro e porque xa estou farta dalgunha xente. Coma esa muller, a cal non desprezo, pero pola que mostro e mostrarei unha indiferenza total. Seguro que é o mellor dos castigos. Ata o punto de non pronunciar nin o seu nome.

No hay comentarios:

Publicar un comentario