domingo, 4 de abril de 2010

O tempo

O capitán imperturbable que dirixe a tropa do tempo, ten decisións pouco afortunadas as máis das veces. É inxusto cando o seu exército de minutos, horas, ou días agariman a persoa que disfruta deses momentos, e el acorda rematar a misión sen máis, para que outros dos seus soldados traïan instantes de dor, soidade ou angustia á mesma xente que ata entón vivía felíz. Iso non é o peor, o máis malo de todo, é que o segundo reemplazo, vai máis debagar e a situación tórnase eterna.
Todos nós tivemos que ser vítimas ou premiados por este ou aquel, pero, tamén somos verdugos. Só un destes, inventaría unha máquina para medir o paso do tempo. E, o tal aparato parece non medir a realidade dos acontecementos de maneira algunha. Se nos atopamos a gusto, parece que o seu ritmo voase, pero se pasamos malas tempadas, fíxanos cada minuto coma se se tratase dun ferro candente. Cousas que tan só os humanos podemos facer e que atentan contra nós mesmos.
A conclusión ven sendo que se atopas un atallo cara a liberdade, a ledicia, a... felicidade, tómao correndo. Pero se te perdeches e che tocou transitar polo camiño máis longo... non mires o reloxo!

domingo, 14 de marzo de 2010

En honor a...

En honor al Sr. Delibes, hoy este blog está confeccionado con palabras de la lengua castellana. Porque, creo que a todos los que nos gusta jugar con las palabras y vestir textos con las más bonitas, se lo debemos. Yo, particularmente, he disfrutado cuando teniendo entre mis manos "Cinco horas con Mario", imaginaba el escenario, que, poco después, tendría la suerte de comparar, observándolo interpretado por la gran Lola Herrera. Y, qué decir de las confesiones de El Mochuelo. También he convertido mi tiempo en horas de lectura, gracias a "Las Ratas", "La sombra del ciprés es alargada", o "La hoja roja". Son algunos de los títulos de los que he podido alimentarme literariamente, digerirlos con ligereza y crecer a su cuenta. Él ha tenido el mayor trabajo, pero también la más grande de las fortunas. Él ha podido dirigir su economía a cuenta de las letras, de las letras del corazón, y escritas con el corazón. Cuando te apasiona este trabajo, vivir de él es un lujo. Trabajar en él, un gran esfuerzo. En esta ocasión, el caminante ya no volverá a pisar este camino, pero, lo ha dejado suficientemente holgado, tanto, que nos permitirá a otros caminar por sus aceras.

sábado, 6 de marzo de 2010

Desprezo

Algunha desas cancións románticas incluía a palabra indiferenza, definindo o termo como a peor das maneiras de castigar ao próximo. Outros compárana co desprezo. Eu penso que non. Non teñen nada en común. Coa indiferenza, un só deixa de manifestarse cara o outro, en todas as circunstancias posibles. Pero, o desprezo, é outra cousa. A través del pódese insultar, menosprezar, etc. Por exemplo, seguro que cando te refires aos galegos, acompañando o xentilicio coa palabra "peyorativo", non expresas síntomas de indifernza, pero sí que irradias desprezo. Porque o feito de nomearnos nunha conversa e facer unha comparación tan casual é de todo inapropiado. Mais, o peor, é cando a persoa en concreto segue subida no balancín da arrogancia para continuar apabullando a aqueles que se deron conta dese suceso de mal gusto. Eu síntome maltratada como nativa do país galego. Eu síntome disgustada pola falla de sensibilidade dunha muller determinada. Eu síntome triste como ciudadana española por ter que sufrir alguns membros da clase política. Eu son galega, síntome galega antes ca outra cousa. Sempre sei se subo ou baixo. Cando calo é porque convén facelo. Cando berro e porque xa estou farta dalgunha xente. Coma esa muller, a cal non desprezo, pero pola que mostro e mostrarei unha indiferenza total. Seguro que é o mellor dos castigos. Ata o punto de non pronunciar nin o seu nome.

miércoles, 3 de marzo de 2010

Descoñezo

Descoñezo se neste momento podo contar cousas coherentes. Pero,como son as cousas coherentes? Parece que son aquelas que contentan a todas as persoas, pero entón, so me poderei comunicar con aquela xente que desexe recibir información dese tipo... Que cousas! No día de hoxe pareceume observar unhas cantas incoherencias, por exemplo,a un grupo divagar sobre algún individuo adxudicándolle o adxectivo de "tocahuevos", mentras se defendía terriblemente a outros que, ata fai pouco eran causa de innumerables problemas. Pero, agora, acadan o nivel de corrección total. Escoitei a un membro dunha asociación de nome galego acusar a alguen de irrumpir con excesivos galleguismos nun lugar determinado. Observei a unha fruteira venderlle unha froita case inservible a unha clienta de toda a vida sen deixar de loar a mercancía. Tamén me sorprendín eu mesma montando un negocio imaxinario, cunha empregada que nin sequera sei se me convencería de darse o caso. Claro que cada vez que me autoanalizo, penso que non nacín no lugar adecuado a miña maneira de pensar, que non tiven uns pais que soubesen incentivarme, que errei o camiño, o primeiro traballo, o traballo actual, algunha xente coa que tomo o café... so algunha. Pero que a vida merece a pena, é non hai que resignarse ante ela, senon vivila...

jueves, 18 de febrero de 2010

Luscofusco

Quixen pendurar unha chave nunha cadea de ouro, ou de prata, ou de palabras...
Palabras que desprenden recendo a mar, a verde, a xente que non sabe se sube ou baixa, pero que ten a sabedoría que espallaron as meigas pola súa terra. Por iso, comecei cun trasno que se manifestou a través dun espeso neboeiro no luscofusco. Cando desapareceu o manto neboento, escintilou un vagalume que tiña moita amizade cunha bolboreta. Aquel lucecú relucía coma unha buxía na escuridade da noite. A lúa capitaneaba o ceo co seu traxe invisible feito por un alfaiate de Rianxo. Mais aló, na fiestra da fraga, os carballos e os castiñeiros queixábanse cheos de fiumes porque non podían ofrecer aos camiñantes o alimento que lles proporcionaban as cerdeiras, as figueiras, as laranxeiras... Pero chegou o amencer e con el o primeiro lóstrego do sol que comenzaba a espertar daquel soño fermoso. Case podo pendurar a chave, acaso remate de seguido se engado bicos, conxuros, saraibas, saudades, morriñas, anduriñas, meniños, raíñas, píntegas, xoias, xuramentos... xuramentos de non esquecer a chave en ningún lugar.

miércoles, 17 de febrero de 2010

Chegou o momento

Creo que xa cbegou o momento de bloguear en galego. Hoxe vai ser o día no que comece a facelo. A verdade, é que non o fixen antes porque o meu idioma de escritura é o español. Aínda que son galego falante, sufrín a represión na escola mediante a cal se nos prohibía falar galego baixo ameaza de ser considerados uns pobres ignorantes. Nom importaba se tiñas un expediente xenial, ou se podías coas duas linguas sen problemas, pero non podías falalo. A min, sempre me gustou escribir, e varias veces participei en concursos literarios(nunhas ocasions con máis éxito ca noutras), pero sempre tiven de facelo en español. Por iso, o meu cerebro fai este traballo moito máis creativo nesta lingua ca en galego. Por iso, teño unha riqueza gramatical moi superior en español. Mais vocabulario, mais recursos... Pero falalo xa é outra cousa. Ahí non hai barreiras e tampouco teño ningunha dificultade para rotar dunha lingua a outra. En Galicia temos duas linguas A, o galego e o español. Os rapaces son perfectamente capaces de dominar as dúas sen complicacions. É perfecto un 50% na escola. Porque, no fin, na rúa case todos os rapaces falan castelán. Non creemos un problema onde non existe. Eu falo con coñecemento de causa. Teño dúas fillas que estudaron nos dous idiomas, e non teñen ningún problema para moverse en calquera deles. Ou en inglés. Sen perder calidade de ensino, sen perder identidade. As linguas están para unir e non para crear valados que custa derribar.

lunes, 1 de febrero de 2010

Estrenando

Estrenar es renovarse. Por dentro o por fuera. Pero, ¿qué importancia tiene ponerse una pieza de ropa nueva, unos zapatos o cualquier otro objeto superfluo ante la posibilidad de estrenar ilusiones, sueños, actitudes, etc.? No cabe duda de que lo segundo satisface mucho más. Es mejor sentir en cada poro de tu piel, en cada cc. de sangre la inquietud de lo que está por venir.La certeza de que, aunque no sea de todo satisfactorio, ya ha dejado huella. Yo también he tenido un estreno hoy. Un pequeño estreno teatral. Uno de tantos desde hace siete u ocho años. Ni el vestido más lujoso de Versace, podría igualar la emoción que te embarga cuando haces algo que te gusta y, además, hace felices a otros. Sin duda, es fascinante estrenar por dentro. Pero no está demás renovarse por fuera de vez en cuando.